Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

EDIFICIOS SINGULARES DE FRATERNIDAD MUPRESPA: "HOSPITAL MADRE DE DIOS" - MIGUEL FISAC

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Subdirección de Organización, Contabilidade e Sistemas
Data:  05/11/2009
DATOS DO EVENTO

O Hospital de Día de Fraternidad Muprespa situado na rúa de Madre de Dios 42 de Madrid é obra do arquitecto Miguel Fisac (1913-2006).

Na construción deste edificio construído no ano 1969, Miguel Fisac empregou por primeira vez, e patentou a técnica de encofrados realizados con plásticos e cordas que confire ao formigón un aspecto amolecido.

Miguel Fisac recibiu, entre outras condecoracións, a Medalla de Ouro do Consello Superior de Colexios de Arquitectura en 1994, Premio Antonio Camuñas en 1997 e o Premio Nacional de Arquitectura en 2003. Entre as súas obras máis coñecidas destacan o Centro de Estudos Hidrográficos (Madrid), Edificio de Laboratorios Jorba, La Pagoda (Madrid), Edificio central do CSIC (Madrid); ou o Edificio de IBM no Paseo da Castellana (Madrid).

Dende a mutua Fraternidad-Muprespa queremos destacar a importancia que lle damos á conservación e mantemento dos edificios que forman parte do noso Patrimonio Histórico e que, pola súa importancia arquitectónica ou monumental, son de interese xeral para a sociedade, como acontece con esta emblemática construción ou o edificio da sede social de Fraternidad-Muprespa, no número 3 da Pza. Cánovas del Castillo, que está considerado como edificio histórico protexido.

Ligazóns de interese:
A súa obra:
Miguel Fisac. Mutua Fraternidad Muprespa

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"


Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir