Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

A MUTUA FRATERNIDAD MUPRESPA E IBERIA PRESENTAN NO INSHT A XORNADA SOBRE ANÁLISE TÉCNICA E BIOLÓXICA DA EXPOSICIÓN A RADIACIÓNS IONIZANTES DO PERSOAL DE VOO

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Dpto. Prevención AT e EP
Data:  22/02/2011

O pasado venres 18 de febreiro, o Director Xerente da mutua Fraternidad Muprespa, Carlos Aranda, o Subdirector de Prevención Laboral de Iberia, Jose Mª de Bona e a Directora do INSHT, Concha Pascual presentaron no Salón de Actos do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (C/Torrelaguna, 73 28027-Madrid), os resultados da investigación patrocinada por Fraternidad Muprespa sobre a Análise Técnica e Biolóxica da Exposición a Radiacións Ionizantes do Persoal de Voo.


De forma moi didáctica e amena José Carlos Sáez, Investigador do Centro de Investigacións Enerxéticas, Ambientais e Tecnolóxicas e o Dr. Rafael Herranz, Xefe do Servizo de Radioterapia do Hospital Clínico Universitario Gregorio Marañón, presentaron os resultados dos traballos respondendo a cantas cuestións lles formularon os asistentes e trasladaron ao colectivo de traballadores de voo a tranquilidade de que a súa saúde non corre riscos derivados da exposición ás radiacións ionizantes inherentes á súa profesión.

 

A MUTUA FRATERNIDAD MUPRESPA E IBERIA PRESENTAN NO INSHT A XORNADA SOBRE ANÁLISE TÉCNICA E BIOLÓXICA DA EXPOSICIÓN A RADIACIÓNS IONIZANTES DO PERSOAL DE VOO

LOCALIZACIÓN DO EVENTO

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir