Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

TIVO LUGAR EN NAVARRA O ENCONTRO ANUAL DE GRADUADOS SOCIAIS DE NAVARRA COA PARTICIPACIÓN DE FRATERNIDAD MUPRESPA

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Departamento de Comunicación e Servizo a asociados
Data:  09/05/2011

O pasado venres 6 de maio tivo lugar no salón de actos do Colexio de Médicos de Pamplona, o Encontro Anual de Graduados Sociais de Navarra.

Fraternidad Muprespa participou neste encontro, ao que asistiron uns 100 colexiados de toda a provincia, e cuxo asunto central foi a reforma das pensións e a súa repercusión na sociedade.

Tras unha breve presentación do presidente do Colexio, D. Pedro María Úcar e unha introdución do director provincial de Fraternidad Muprespa D. José Ignacio Díaz Lucas, presentaron os seus relatorios os Sres. D. Francisco Javier Aibar, director xeral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e D. José Antonio Panizo, director xeral do Instituto Nacional da Seguridade Social.

Posteriormente, o acto seguiu cunha mesa coloquio sobre concertación social na que participaron D. Jose Antonio Sarría, presidente da Confederación de Empresarios de Navarra, D. Juan Goyen, secretario xeral de UGT Navarra e D. José María Molinero, secretario xeral de CC.OO. en Navarra.

O acto finalizou cunha amena cea.

ENCONTRO GRADUADOS SOCIAIS NAVARRA


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir