Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

DÍA MUNDIAL DA CALIDADE. AXÚDANOS VOTANDO

Autor:  Fraternidad-Muprespa - DPTO. DE CALIDAD
Data:  18/10/2011

O Día Mundial da Calidade foi introducido por Nacións Unidas en 1990 para aumentar a concienciación en todo o mundo sobre a importante contribución de crecemento, prosperidade e sostibilidade que confire a calidade nunha organización.

A calidade é un termo que está en todas as partes, tamén nos aspectos da vida laboral; a implantación de enfoques de calidade nas organizacións é un requisito previo para manter unha entidade sostible.

A nosa Mutua comprende que a calidade nunca se detén, que debemos examinar constantemente os nosos sistemas e procesos para garantir e optimizar os resultados co fin de adecuarnos aos requirimentos dos nosos clientes.

"En busca da excelencia" é o lema do Día Mundial da Calidade 2011, do cal se fai eco Fraternidad Muprespa ao buscar de forma continua a excelencia entre as mutuas.

Para obter información detallada sobre este día, recomendámoslle que consulte os seguintes enderezos:

Calidade

 CHARTERED QUALITY INSTITUTE

 AXENCIA ESPAÑOLA DA CALIDADE

 PARTICIPA NA NOSA ENQUISA

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir