Vixilancia da saúde

Técnica preventiva no marco da Medicina do Traballo que se ocupa de controlar periodicamente o estado de saúde dos traballadores mediante a práctica de recoñecementos médicos específicos e selectivos en función dos riscos inherentes a cada posto de traballo. Estes, de carácter voluntario en xeral, deben respectar en todo momento o dereito á intimidade e á dignidade da persoa e á confidencialidade da información.