fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

2014 Ano Internacional da Agricultura Familiar

Na resolución (A/RES/66/222) a Asemblea Xeral designou o 2014 «Ano Internacional da Agricultura Familiar» e invita á Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura a que facilite a observancia do Ano Internacional da Agricultura Familiar, en colaboración cos gobernos, o Programa Mundial de Alimentos, o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, o Grupo Consultivo para a Investigación Agrícola Internacional e outras organizacións competentes do sistema das Nacións Unidas, así como as organizacións non gobernamentais pertinentes.

"Desenvolver a agricultura é polo menos dúas veces mais efectivo para reducir a pobreza que noutros sectores e ten un dos máis altos potenciais para reducir as emisións de CO2. "

CAL É A FINALIDADE DO ANO INTERNACIONAL DA AGRICULTURA FAMILIAR?

2014 Ano Internacional da Agricultura Familiar

O Ano Internacional da Agricultura Familiar (AIAF) 2014 ten como obxectivo aumentar a visibilidade da agricultura familiar e a agricultura a pequena escala ao centrar a atención mundial sobre o seu importante papel na loita pola erradicación da fame e a pobreza, a seguridade alimentaria e a nutrición, para mellorar os medios de vida, a xestión dos recursos naturais, a protección do medio ambiente e acadar o desenvolvemento sostible, en particular nas zonas rurais.

A meta do AIAF 2014 é reposicionar a agricultura familiar no centro das políticas agrícolas, ambientais e sociais nas axendas nacionais, identificando lagoas e oportunidades para promover un cambio cara a un desenvolvemento máis equitativo e equilibrado. O AIAF 2014 promoverá un amplo debate e a cooperación nos planos nacional, rexional e mundial para aumentar a conciencia e a comprensión dos desafíos aos que se enfrontan os pequenos campesiños e axudar a identificar formas eficaces de apoio á agricultura familiar.

"A diferenza da agricultura especializada a grande escala, a agricultura familiar adoita desenvolver actividades agrícolas diversificadas que axudan a preservar os recursos naturais. "
"Os agricultores familiares son figuras clave para dar resposta á dupla urxencia que afronta hoxe o mundo: a mellora da seguridade alimentaria e a conservación dos recursos naturais. "

José Graziano da Silva, director xeral da FAO.

CAMPAÑA POLA DECLARACIÓN DO AIAF (ANO INTERNACIONAL DA AGRICULTURA FAMILIAR)

No ano 2008, o Foro Rural Mundial comezou a compartir entre as súas organizacións socias e colaboradoras un compromiso de apoio explícito á Agricultura Familiar. Foi tras o Foro Campesiño organizado polo FIDA en febreiro de 2008 en Roma cando, por primeira vez, algunhas organizacións agrarias e de desenvolvemento rural empezaron a camiñar xuntas neste proxecto a longo prazo.

Dende entón, máis de 350 organizacións campesiñas, rurais, etc. de 60 países nos 5 continentes sumaron o seu apoio oficial á Campaña da Sociedade Civil en prol do AIAF. Lista de adhesións na páxina oficial da Campaña do AIAF da sociedade civil.

Esta campaña tamén tivo o seu reflexo no ámbito dos organismos internacionais. Por proposta do Goberno de Filipinas, a Conferencia da FAO propuxo que se proclamase 2014 Ano Internacional da Agricultura Familiar no seu 37° período de sesións celebrado en 2011.

RESULTADOS ESPERADOS

  • Recoñecemento por parte da ONU, de Organizacións Internacionais e dos Gobernos das distintas nacións do rol que desenvolve a Agricultura Familiar.
  • Reforzo das organizacións campesiñas, de pastores, pescadores e indíxenas como interlocutores esenciais ante os poderes públicos.
  • Creación, ampliación e fortalecemento de plataformas nacionais e internacionais para o desenvolvemento de estratexias e políticas de defensa dun futuro sostible para a Agricultura Familiar.
  • Aumento do investimento público en infraestruturas e servizos a zonas rurais.
  • Apoderamento progresivo da muller rural mediante o uso de ferramentas de apoio directo. (investimento, crédito, titularidade, etc.).
  • Marcos xurídicos que regulen e protexan de forma efectiva a propiedade da terra nas súas diversas formas así como facilitar o acceso a ela dos xornaleiros.
  • Programas de formación, de intercambio de coñecementos locais, de potenciación de capacidades e aumento do emprego rural, especialmente entre os mozos.
  • Construción dunha rede de comunicación mundial, rexional e nacional que fortaleza os lazos de solidariedade entre as sociedades urbana e rural.
2014 Ano Internacional da Agricultura Familiar

"Ata hai pouco, a miúdo percibíase os agricultores familiares como suxeitos de políticas sociais e non como actores produtivos. Eran considerados parte do problema da fame. Esta é a mentalidade que temos que cambiar co Ano Internacional da Agricultura Familiar. "

José Graziano da Silva, director xeral da FAO.

ESTOU INTERESADO... COMO PODO PARTICIPAR?

Informándome acerca das cuestións relacionadas coa agricultura

Organizando e contando como vas celebrar o Ano Internacional da Agricultura Familiar en 2014.Toda acción suma, por pequena que esta sexa.

Uníndome ao movemento e convidando aos meus amigos. Compartindo.

Participando no ámbito local, uníndome ás ONG e ofrecéndome como voluntario nas accións relacionadas coa celebración do Ano Internacional da Agricultura Familiar.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016