fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

COMO SE DEBE TRAMITAR A ENFERMIDADE PROFESIONAL?

Dentro desta OTAS 1/2007 establécense as seguintes obrigas:

  • A Mutua de AT e EP da SS que asuma a protección das Continxencias Profesionais estará obrigada a elaborar e tramitar o Parte de Enfermidade Profesional. A comunicación inicial do parte haberá de levarse a cabo dentro dos 10 días hábiles seguintes á data en que se producise o diagnóstico da Enfermidade Profesional.
  • As empresas que dispoñan de cobertura por Continxencias Profesionais deberán facilitar á Mutua a información que obre no seu poder e lles sexa requirida para a elaboración deste parte. Esta información deberá remitirse á Mutua no prazo dos 5 días hábiles seguintes á comunicación inicial do Parte de Enfermidade Profesional.
  • Os servizos médicos das empresas colaboradoras na xestión das Continxencias Profesionais (Autoaseguradoras) deberán dar traslado, no prazo de tres días hábiles, á Mutua que corresponda do diagnóstico das Enfermidades Profesionais dos seus traballadores. Así mesmo, deberán facilitar á Mutua a información que obre no seu poder e lles sexa requirida para a elaboración deste parte. Esta información deberá remitirse á Mutua no prazo dos 5 días hábiles seguintes á comunicación inicial do Parte de Enfermidade Profesional.

Para poder levar a cabo todos os trámites dispostos nestas normas a información que debe remitirse á Mutua é a seguinte:

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016