fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

COMO SE DEBE TRAMITAR O CESAMENTO DE ACTIVIDADE?

SOLICITUDE E NACEMENTO

Os autónomos que pasen a situación legal de cesamento de actividade e pretendan o recoñecemento da protección CATA deberán solicitalo ante a súa Mutua ata o último día do mes seguinte ao que se produciu o cesamento de actividade.

O recoñecemento da protección CATA dará dereito ao gozo da prestación CATA e cotización CATA, a partir do primeiro día do mes inmediatamente seguinte a aquel en que se produciu o cesamento de actividade, sempre que a solicitude fose presentada en tempo e forma.

Excepción: cando se pretenda continuar un dereito previamente suspendido, o prazo de presentación de solicitude será de 15 días hábiles a partir da data de finalización do motivo da suspensión e o seu recoñecemento dará dereito ao gozo da protección CATA a partir do primeiro día do mes seguinte ao da solicitude de continuación

En caso de presentar a solicitude unha vez transcorrido o prazo fixado, e sempre que o autónomo cumpra co resto de requisitos legalmente previstos, o gozo da protección CATA nacerá a partir do mesmo día de presentación da solicitude e descontaranse do período de percepción da prestación CATA e cotización CATA os días que transcorresen entre o día en que rematou o prazo e o día no que se presentou a solicitude.

A solicitude deberá realizarse ante a Mutua cubrindo o seguinte formulario, vir acompañada da seguinte declaración xurada e de toda aquela documentación que sexa necesaria.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016