fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

PREMIO ESCOLÁSTICO ZALDÍVAR 2804: á prevención, seguridade e saúde no traballo

Fraternidad-Muprespa creou o Premio "Escolástico Zaldívar" no ano 2013, que responde ao compromiso da Mutua coa sociedade e coas empresas mutualistas; un compromiso vivo, como así se reflicte no Plan Estratéxico Corporativo da Mutua; e que naceu de mans de Escolástico Zaldívar, fundador de La Fraternidad en 1929, tendo por misión velar polo benestar do traballador proporcionándolle as ferramentas necesarias para a súa rehabilitación, prevención e saúde laboral.

Coa concesión deste premio recoñécese o esforzo, labor, sensibilidade e compromiso que realizan as empresas mutualistas no ámbito da prevención, especialmente con aqueles que son máis vulnerables.

O obxecto dos Premios é que as nosas empresas asociadas demostren ter executado ou estar a executar medidas, accións ou programas que representan unha considerable mellora na seguridade e saúde dos traballadores.

O premio está dotado cunha asignación económica e unha escultura en bronce que representa o logo de Fraternidad-Muprespa.

Revista Escolástico Zaldívar

Tras a celebración da IV Edición dos Premios 2804 - Escolástico Zaldívar - dedicados á Prevención e Seguridade, Fraternidad-Muprespa ten o gusto de presentarlle a presente revista sobre a entrega destes.

A revista dixital está adaptada para a súa visualización en dispositivos móbiles (Smartphone) e optimizada para as tablets. Poderá realizar buscas, compartir nas redes sociais e descargarlla no seu ordenador (a edición completa ou por páxinas soltas).

Escultura do Premio

Fraternidad-Muprespa quixo que os Premios Escolástico Zaldívar teñan unha representación que non sexa a exclusivamente monetaria. Con esta vontade xurdiu a idea de crear unha escultura que represente a nosa Mutua.

A consecución deste proxecto materializouse coa colaboración dunha ONG que traballa con artistas discapacitados. A Fundación Dalma que ten un proxecto CONTODOARTE. Álvaro Moreno Mazarredo creou para Fraternidad-Muprespa a escultura que a partir de agora nos representará nos actos dos Premios á Seguridade e Saúde no Traballo.

Creacion da escultura - Premio Escolástico

2016 - IV Edición Premios Escolástico Zaldívar – 2804

Que significan os "PREMIOS 28/04"?

  • Unha data: 28 de abril (28/04).
  • Un símbolo: o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo.
  • Un obxectivo: a seguridade e saúde nos ámbitos laborais.
  • Unha realidade: actuacións que representan unha mellora na seguridade e saúde dos traballadores máis alá do estrito cumprimento da normativa de prevención.
  • Unha cantidade: 2.804 € para o mellor proxecto en cada modalidade.

O Premio conta coas tres modalidades seguintes:

  • CATEGORÍA I: Grandes Empresas.

    1. Primeiro tramo: Dende 250 ata 1.500 traballadores.
    2. Segundo tramo: Con máis de 1.500 traballadores.
  • CATEGORÍA II: PEME ou empresa de nova creación.
  • CATEGORÍA III: Asociacións sen ánimo de lucro, ONG, empresas de economía social, etc.

Cada un dos primeiros premios recibirá 2.804€ e unha escultura conmemorativa da Mutua.

Para optar ao premio as empresas deben estar asociadas con Fraternidade-Muprespa, presentarse en prazo e forma toda a documentación requirida e cumprir os requisitos indicados nas bases do premio.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día 1 de xaneiro 2016 e estará aberto ata o día 1 de marzo de 2016, ambos os dous inclusive.

Pode dirixirnos as cuestións relativas ao premio así como achegar a documentación previamente cumprida dende o noso formulario de contacto.

2015 - III Edición Premios Escolástico Zaldívar – 2804

O premio conta con tres categorías, cada unhas das cales se premiará con 2.804 € e cunha escultura:

  • Grandes empresas.
  • PEME ou empresa de nova creación.
  • Asociacións sen ánimo de lucro, ONG, empresas de economía social, etc.

Para optar ao premio as empresas deben estar asociadas con Fraternidade-Muprespa, presentarse en prazo e forma toda a documentación requirida e cumprir os requisitos indicados nas bases do premio.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día 1 de xaneiro 2015 e estará aberto ata o día 1 de marzo de 2015, ambos os dous inclusive.

Pode dirixirnos as cuestións relativas ao premio así como achegar a documentación previamente cumprida dende o noso formulario de contacto.

2014 - II Edición Premios Escolástico Zaldívar – 2804

Nesta segunda edición presentáronse ata 108 proxectos das nosas empresas asociadas.

As empresas gañadoras desta II Edición foron:
  • Categoría de Grande Empresa: BASF Coatings, S.A.
  • Categoría PEME e Nova Creación: Aguas Municipalizadas de Alacant.
  • Categoría ONG: Residencia de Maiores San Martín de Porres.

Edicións Anteriores

A Mutua Fraternidad-Muprespa preséntalle as anteriores edicións dos Premios Escolástico Zaldívar - 2804 onde encontrará os premiados de cada edición.

Portal clásico
POLÍTICA DE COOKIES
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016