fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

BENVIDOS Á NOVA WEB DE FRATERNIDAD MUPRESPA

01/02/2007, Fraternidad-Muprespa,  Equipo Www
Fraternidad Muprespa estrea unha nova versión da súa páxina web corporativa (http://www.fraternidad.com) coa finalidade de evolucionar a súa imaxe, aumentar a súa funcionalidade e mellorar o acceso á información.

O novo portal da Mutua de accidentes e enfermidades profesionais, Fraternidad Muprespa, está a disposición de todas as persoas cun novo deseño e con funcionalidades melloradas.

As melloras no deseño e a facilidade de uso para todos os navegadores e navegantes aprécianse inmediatamente na portada. Agora o contido divídese en varias seccións diferenciadas: Destacados centrais de interese, Zona de aplicativos e destacados secundarios, Noticias máis relevantes e Accesos directos a través dos menús ou enlaces no pé da páxina. Coa ilusión de entregar unha mellor visión global da Mutua e permitirlles a todas as persoas encontrar a información do seu interese coa maior rapidez, creouse un novidoso Buscador de contidos dentro do noso portal presente durante toda a navegación.

Grazas a este novo deseño, a información pode verse dunha forma máis clara e destacada. Iso significa que agora é máis rápido e simple obter esa información e poder exportala a diversos formatos.

Seguimos mantendo os aplicativos que tan ben funcionaron durante este período de tempo, tales como o Portelo único de contacto, o Buscador do plan de formación e a Personalización da navegación que foron adaptados ás novas tendencias e achegan novas funcionalidades. Como exemplo convidámosvos a que vos subscribades ao novo Boletín de InfoPrevención.FM para que así poidades recibir periodicamente no voso correo electrónico unha recompilación selecta da información de interese que xorde día a día no campo da prevención e do negocio das mutuas de accidentes, todo isto dunha forma directa, sinxela e sobre todo moi cómoda.

Comprácenos prestarlles un bo servizo a todos, e con estes cambios intentamos mellorar o noso traballo e facer máis fácil a súa interacción con nós. Esperamos que lle sexa grata a súa visita á nosa nova páxina web e estamos á súa enteira disposición para calquera tipo de suxestión.

Saúdos cordiais,

Equipo Www de Fraternidad Muprespa.
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016