fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

O RECUNCHO DA SAÚDE DE FRATERNIDAD MUPRESPA

13/03/2007, Fraternidad-Muprespa, Www

Fraternidad Muprespa pon a disposición de todo o público un novo portal de carácter divulgativo "O RECUNCHO DA SAÚDE", coa intención de constituír un espazo destinado a informar e compartir inquietudes relacionadas coa saúde en xeral.

Dende este novo portal, Fraternidad Muprespa pretende presentar a saúde dende un prisma distinto ao habitual: máis amigable, máis próximo, máis práctico e sobre todo máis interesante, sen por isto deixar de ser todo o rigoroso que este tema merece ser tratado.

Para isto, o novo portal, mediante unha orixinal e atractiva presentación, quere achegarse ao lector a través de calquera das súas 4 seccións:

  • NOTICIAS, sección na que se publican todas aquelas noticias de interese e actualidade relacionadas coa saúde, destacando as de máxima actualidade dentro dun almacén histórico global.

  • ARTIGOS, sección na que se pode acceder a un interesante e extenso fondo documental de artigos catalogados segundo a súa área de interese en distintas seccións: saúde xeral, nutrición, exercicio e actividade, primeiros auxilios, alergoloxía e cardioloxía, etc.

  • SABÍAS QUE...? sección na que a través dun particular dicionario sobre termos relacionados coa saúde, descubrirá outra visión dos mesmos e atoparase cunha gran variedade de curiosidades, datos e referencias de interese.

  • FALAMOS... sección na que se falará das inquietudes e temas propostos polos lectores. Con ese fin, ofrécese un formulario de contacto, a través do que se poden enviar aos especialistas do Recuncho da Saúde as preguntas e suxestións sobre temáticas que quixese que fosen tratadas en calquera das seccións do portal.

Por último, en Fraternidad Muprespa estamos convencidos de que esta nova ferramenta divulgativa será do seu interese e confiamos en contar con vostede como lector habitual das nosas seccións.

ACCEDER AO RECUNCHO DA SAÚDE
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016