fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

FRATERNIDADE-MUPRESPA PARTICIPA NO MÁSTER EN DEREITO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS DA UNIVERSIDADE PABLO DE OLAVIDE DE SEVILLA

16/04/2012, Fraternidad-Muprespa, Subdirección Xeral de Sistemas de Información

O venres 13 de abril Fraternidade-Muprespa participou no seminario "A poxa electrónica como sistema de contratación de bens e servizos" dentro do Máster de Dereito nas novas tecnoloxías da UPO (Universidade Pablo de Olavide). As dúas conferencias foron impartidas por D. Manuel Alba Fernández, profesor titular de Dereito Mercantil da Universidade Carlos III de Madrid, e D. Pedro Serrera Cobos, subdirector xeral de Sistemas de Información da Mutua Fraternidade-Muprespa.

O seminario foi presentado e clausurado por D. Agustín Madrid Parra, catedrático de Dereito Mercantil da UPO e director do Máster.

A conferencia, de asistencia libre, contou con grande afluencia tanto de alumnos do Máster coma de profesores da propia Universidade, así como outros profesionais interesados no anovador tema das poxas electrónicas, que se define por primeira vez na Lei de contratos do sector público 30/2007. Fraternidade-Muprespa, considerada como "poder adxudicador" pola Lei de contratos, vén impulsando a adopción das novas tecnoloxías nos procedementos de licitación definidos na devandita Lei.

FRATERNIDADE MUPRESPA PARTICIPA NO MÁSTER EN DEREITO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS DA UNIVERSIDADE PABLO DE OLAVIDE DE SEVILLA

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016