fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA CELEBROU EN CUENCA UNHA XORNADA SOBRE O ACCIDENTE DE TRABALLO E A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NA NOVA LEI DA XURISDICIÓN SOCIAL

08/05/2012, Fraternidad-Muprespa, Dpto. de Relaciones con Asociados y Comunicación

O pasado 7 de maio a Mutua Fraternidad-Muprespa celebrou no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Sociais de Cuenca, unha xornada informativa sobre "O accidente de traballo e a prevención de riscos laborais na nova Lei da xurisdición social". O vicedecano da Escola de Relacións Laborais de Cuenca, D. Juan Antonio Mondejar, realizou a apertura e presentación desta.

O inicio do acto correu a cargo de Dª. Ana Marta Olmo Gascón, profesora titular de Dereito do Traballo e Seguridade Social da Universidade de Castela-A Mancha.

Proseguiron os interesantes relatorios de D. Joaquín Aparicio Tovar, catedrático de Dereito do Traballo e Seguridade Social da Universidade de Castela-A Mancha e D. Luis Collado García, profesor asociado de Dereito do Traballo e Seguridade Social, abordando temas de grande interese como o empresario como debedor de seguridade e a prevención de riscos laborais e o novo réxime competencial na Lei 36/2011.
D. Julio Santos Palacios, director do Departamento de Relacións coa Rede de Fraternidad-Muprespa, encargouse do último relatorio.

Clausurou a xornada, D. Gregorio Yuste Herraiz, director provincial de Cuenca de Fraternidad-Muprespa, quen agradeceu a todos os presentes a súa asistencia ao evento.

O acto congregou un nutrido número de profesionais, empresas, persoal do Servizo de Condicións Laborais da Xunta de Comunidades de CLM, asesorías xurídicas e alumnos da Universidade de Castela-A Mancha.

A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA CELEBROU EN CUENCA UNHA XORNADA SOBRE O ACCIDENTE DE TRABALLO E A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NA NOVA LEI DA XURISDICIÓN SOCIAL
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016