Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

PRESENTACIÓN DO XVI SIMPOSIO INTERNACIONAL DE TRAUMATOLOXÍA E CIRURXÍA ORTOPÉDICA E BOLETÍN DE INSCRICIÓN

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Hospital Central
Data:  08/07/2010

Estimado compañeiro/a:

Diríxome a ti para informarche da organización do noso XVI Simposio Internacional de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica, que terá lugar os días 15 e 16 de outubro de 2010, venres e sábado, e como en anos anteriores se celebrará no Salón de Actos do noso Hospital de Madrid, Paseo de la Habana 83-85.

O simposio tratará sobre a Patoloxía Laboral e o seu título é "TRAUMATOLOXÍA LABORAL: PATOLOXÍA DO ESFORZO E DO EXERCICIO". Durante estes dous días, poderemos compartir as nosas experiencias sobre a problemática máis frecuente desta patoloxía.

Achégote o preprograma no que, como podes comprobar, os relatores son especialistas de prestixio nestes temas, tanto a nivel nacional como internacional. Prégoche que teñas en conta estas datas na túa axenda e espero poder contar coa túa valiosa asistencia.

Proximamente poñerémonos en contacto contigo para confirmar, se é o caso, a túa presenza no simposio.

Estamos á túa disposición para calquera aclaración ou información que necesites e aproveito para enviarche un cordial saúdo en nome do Comité Organizador e no meu propio.

Dr. Luis Cortés Arcas

Presidente do simposio

 


Datos do evento:

Motivo:
SIMPOSIO INTERNACIONAL "TRAUMATOLOXÍA LABORAL. PATOLOXÍA DO ESFORZO E DO EXERCICIO"
Data:
15 e 16 de outubro de 2010
Lugar:
Salón de Actos do Hospital Central de Fraternidad Muprespa. Paseo de la Habana, 83-85. Madrid.

Programa do Simposio

Boletín de inscrición

Ficha do centro do Hospital Central - Fraternidad Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir