A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA COLABOROU CON CC.OO. NUNHA XORNADA REALIZADA EN ARANJUEZ

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

O pasado 16 de outubro, tivo lugar na sede de CC.OO. de Aranjuez unha xornada sobre “Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social" dirixida aos delegados de Prevención do sindicato na zona de influencia de Aranjuez. A xornada está inserida no IV Plan Director de Prevención de Riscos Laborais da Comunidade de Madrid.

Por parte das mutuas colaboradoras coa Seguridade Social participaron D. José Andrés Suárez Díez, director técnico rexional de Fremap Madrid ,quen comentou a xestión das continxencias profesionais nas mutuas.

Fraternidad-Muprespa participou cun relatorio desenvolvido por D. Julio Santos Palacios, director do Departamento do Defensor do Mutualista, sobre a “Xestión da Incapacidade Temporal por Continxencias Comúns”. Inicialmente fíxose referencia ás características das nosas entidades e ás prestacións que cubrimos, e describiuse especificamente como realizamos a xestión das C.C. na Mutua facendo especial fincapé en que non só asumimos actuacións de seguimento e control, senón que tratamos de axudar o traballador enfermo en colaboración co Servizo Público de Saúde. Achegouse datos da evolución do absentismo nestes anos de crise económica e describiuse o complexo modelo de xestión da Incapacidade Temporal en España e as modificacións que estableceu a “Lei de Mutuas”.

Posteriormente interveu a Dra. Dª Carmen Mancheño Potenciano, médica do Traballo de CC.OO., que comentou as situacións máis frecuentes de conflito entre os traballadores e as mutuas, e aconsellou aos delegados as actuacións que debían desenvolver ante estas situacións.

Posteriormente abriuse un coloquio sobre problemas que tiveran con distintas mutuas e sobre dúbidas xurdidas ao longo das intervencións.

Clausurou o acto D. Carmelo Plaza Baonza, secretario de Saúde Laboral de CC.OO. de Madrid e membro da Comisión de Control e Seguimento de Fraternidad-Muprespa, quen resaltou o interese da xornada.



" A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Que te ha parecido el contenido?