Afiliación

Acto administrativo polo que a Tesouraría Xeral da Seguridade Social recoñece a condición de estar incluída no Sistema da Seguridade Social á persoa física que por primeira vez desenvolva unha actividade laboral.
A afiliación supón a asignación dun Número de Seguridade Social ao afiliado, sexa por conta propia ou por conta allea, así como a súa inclusión nalgún dos réximes correspondentes da Seguridade Social.
A solicitude de alta realízase con anterioridade ao inicio da prestación dos servizos por parte da persoa traballadora por conta allea.