Acto administrativo polo que a Tesouraría Xeral da Seguridade Social recoñece a condición de incluídas no Sistema da Seguridade Social á persoa física que desenvolva por primeira vez unha actividade laboral.
A afiliación supón a asignación dun Número de Seguridade Social ao afiliado, sexa por conta propia ou por conta allea, así como a súa inclusión nalgún dos réximes correspondentes da Seguridade Social.
A solicitude de alta formúlase con anterioridade ao inicio da prestación dos servizos polo traballador por conta allea.
