Pegada de carbono verificada-ISO 14064-1:2006
Fraternidad-Muprespa, para dar resposta ao compromiso estratéxico e social da organización e como instrumento de responsabilidade social e sostibilidade, decidiu avaliar os riscos asociados ao cambio climático, e quixo ir máis alá, verificando ademais a súa Pegada de Carbono para coñecer o impacto ambiental que a súa actividade provoca sobre o medio ambiente.
E que é a Pegada de Carbono? A Pegada de Carbono é a medida da cantidade de emisións totais de gases de efecto invernadoiro liberadas á atmosfera como consecuencia dunha actividade.
É dicir, medimos, de xeito voluntario, baixo uns criterios específicos, o impacto da nosa actividade, co obxecto de ser conscientes, transparentes e exercer medidas para reducilo.
A verificación engloba as actividades que presta a mutua, onde se establecen tres alcances:
- Alcance 1: Emisións directas de Gases de Efecto Invernadoiro.
- Alcance 2: Emisións indirectas de Gases de Efecto Invernadoiro por enerxía
- Alcance 3: Outras emisións indirectas de Gases de Efecto Invernadoiro