Fraternidade-Muprespa A Coruña trasládase á súa nova sede, dixital, sostible e de 1 375 m²

Centros FM
Autor
Fraternidad-Muprespa

Os 34 empregados que forman o cadro de persoal da Dirección Provincial da Fraternidade-Muprespa A Coruña atenden dende hoxe empresas mutualistas e traballadores protexidos no seu novo centro na cidade, destinado a ser referente en materia asistencial a nivel local, provincial e autonómico. Trátase do centro situado en Torre Helios, de 1 375m2 e dotado de funcionalidade, eficiencia, accesibilidade e dixitalización, segundo os parámetros de calidade marcados pola dirección da Mutua.

A actual é a terceira localización da Dirección Provincial da Coruña, dende que en 1981 se abrise na cidade a primeira oficina da Fraternidade-Muprespa, que ofrece cobertura a case 2 900 empresas mutualistas e a máis de 50 000 traballadores.

O centro conta cunha área de admisión única, área de administración que permite unha atención personalizada, unha área de rehabilitación de 175m2, con tres boxes individuais de tratamento e unha área de hidroterapia, sete consultas, dúas salas de curas, unha sala de xesos, dúas áreas de enfermaría, dúas salas de espera e sala de radioloxía dixital con raios e ecógrafo, así como a sala de resonancia magnética, a xoia deste centro.

Trátase do primeiro centro da rede da Mutua que dispón de resonancia magnética e tamén a primeira a disposición dos pacientes nun centro mutual en Galicia. Entre as súas numerosas vantaxes destaca que proporciona unha extraordinaria calidade de imaxe, na metade de tempo polo tanto permite programar máis visitas de pacientes, é máis segura e sostible grazas ao seu revolucionario imán BlueSeal e funciona cunha cantidade mínima de helio, que non é necesario repoñer en toda a vida útil da máquina, polo tanto é completamente sostible e eficiente.  

A dotación do centro complétase cunha sala de formación multiusos con capacidade para 35 persoas, destinada a albergar tanto actos de carácter interno coma eventos con mutualistas e institucións.

O centro ten unha clasificación enerxética máxima, a clase A, é completamente accesible e sitúase na confluencia da AP-9 e a estrada do aeroporto.

Alejandro Lamelo, director provincial da Fraternidade-Muprespa na Coruña, destacou que se en 2019 no centro se realizaron 22 500 consultas e 19 000 sesións de rehabilitación, o que dá unha idea do volume asistencial e tránsito desta zona.

Agora pódense superar as 30 000, o que supón poder ofertar os nosos servizos a outras Mutuas Colaboradoras, desenvolvendo o novo proxecto de reenxeñería de rehabilitación da Mutua

Facer realidade este centro supuxo un reto e unha gran responsabilidade para o equipo desta dirección provincial e para toda a Mutua, pois o compromiso adquirido é ofrecer unha atención aínda máis excelente porque a Fraternidade-Muprespa é "a Mutua que coida de ti”.

¿Te ha resultado útil?