Gertakari gertakizunengatiko prestazio ekonomikoa
Fraternidad-Muprespa laneko gertakizun baten ondoriozko aldi baterako ezintasunagatik emandako prestazio ekonomikoak honako helburu hau du: langileak (laneko istripu edo gaixotasun baten ondorioz) aldi baterako lan egin ezin duelako eta osasun laguntza behar duelako sortzen den diru-sarreren falta betetzea.
Prestazio ekonomiko hori Gizarte Segurantzaren Araubide Orokorraren eta Araubide Berezien babes ekintzaren barnean sartzen da.
Pagamento delegado da prestación
Unha vez que se determina a situación de Incapacidade Temporal do traballador, a raíz da baixa médica, prodúcese a suspensión do contrato de traballo, cesando a obriga de remunerar o traballo por parte da empresa, e manténdose, non obstante, a obriga de cotizar polo traballador.
A partir dese momento, a empresa debe efectuar o pagamento da prestación no chamado réxime de pagamento delegado. As cantidades proporcionadas serán recuperadas posteriormente, descontándoas do importe das cotas de cotización do conxunto dos seus traballadores.
Contía da prestación
Dende o día seguinte ao da baixa médica, o traballador accidentado percibirá, mediante pagamento delegado, un subsidio equivalente ao 75% da súa base diaria de cotización..
Pagamento directo da prestación
Durante a situación de Incapacidade Temporal poden darse unha serie de circunstancias que dean orixe ao pagamento directo do traballador por parte de Fraternidade-Muprespa, como son:
- Extinción do contrato de traballo
- Incumprimento da obriga por parte do empresario de pagamento delegado
- Traballador que supera os 6 meses de baixa médica, sempre que pertenza a unha empresa con menos de 10 traballadores
- Prórroga expresa do INSS a partir dos 12 meses de duración da baixa médica
- Esgotamento do prazo máximo da prestación de 18 meses de duración
- Traballadores de Réximes Especiais
Duración de la prestación
A prestación económica terá unha duración máxima de doce meses prorrogables por outros seis, cando se presuma que durante eles o traballador pode ser dado de alta médica por curación.
Unha vez esgotado o período máximo de Incapacidade Temporal (18 meses), examinarase necesariamente, no prazo de tres meses, o estado do traballador para os efectos da súa cualificación como inválido permanente. Non obstante, naqueles casos en que continúe necesitando tratamento médico e a situación clínica do interesado non se considere definitiva, poderá demorarse a citada cualificación, se ben, nunca poderá superar os 24 meses.