15 mutualidades de Vigo e Porriño reciben a Distinción Cero Accidente

General
Autor
Fraternidad-Muprespa

A sede da Delegación Fraternidad-Muprespa en Vigo acolleu este xoves o acto de entrega dos Distintivos Cero Accidentes a mutualistas radicadas tanto en Vigo como en Porriño e que non denuncian accidentes de traballo ou enfermidades profesionais dende hai cinco, dez ou quince anos. O resto de empresas distinguidas, cincuenta, recibirano en breve.

Os distintivos pretenden colocarse nun lugar visible da empresa para deixar constancia da súa proactividade a prol da seguridade, a saúde e o benestar laboral. O resto de empresas merecedoras da distinción, case corenta, recibirano en breve.

As empresas recoñecidas poderán compartir as súas boas prácticas na campaña que a Mutua desenvolve nas súas redes sociais co hashtag #CeroAccidentesFM.

Andrés Ortigueira, director da delegación de Fraternidad-Muprespa en Vigo, deu a benvida aos numerosos asistentes ao acto e destacou o papel das empresas no traballo preventivo para conseguir unha sinistralidade cada vez máis baixa. De feito, explicou que en 2022 producíronse 9.360 accidentes laborais na provincia de Pontevedra, o que supuxo unha redución do 6% con respecto a 2021.

No acto tamén estivo presente

Ramiro Guntín, director provincial de Vicente San Pedro, delegado da mutua no Porriño.

VIGO

Categoría de bronce

  • CLINICA DENTAL RÍOS (Fernando Rambozzi)
  • CONSULTORÍA XURÍDICA EMPRESARIAL ASABE S.L. (Antonio Heredero)
  • ELADIO PÉREZ PENEDO
  • DFG GRUPO: DOLMEN E GRANITOS (Ángeles Martínez)
  • GRUPO L.S. - LOUREIRO SANMARTÍN GASOLINERAS (Aida Iglesias)
  • MÉTODO DE FORMACIÓN EN GRUPO: MONTE ALTO CONSULTING (Romina Caride)
  • REPROVIGO EXPORT S.L.(Beatriz Vázquez)

Categoría prata

  • CONSELLO DE PENEDO
  • CANIDO MARITIME CLUB (Francisco Meijide)
  • ESCOLA EUROPEA DE LINGUAS (Mark Moriarty)
  • PUBLINETO VISUAL  (Alejandro Arce)

Categoría Ouro

  • ESCOLA INFANTIL ANXO DA GARDA (Maite Seoane)
  • G5 CONSULTORES (Roberto Costas)

PORIÑO

Categoría Bronce

  • COSMYPEL PROFESIONAL (Juan José González Cordero)
  • MARTINVESTORS SL. (Matías García García)
¿Que te ha parecido el contenido?