Prestación económica para pais, adoptivos ou acolledores -autónomos ou asalariados- que reduzan a súa xornada en polo menos un 50% para atender a un menor ao seu coidado afectado por cancro ou outra enfermidade grave.
A subvención ten por obxecto compensar a perda de ingresos que sofren os afectados por ter que reducir a súa xornada coa conseguinte redución do seu salario, pola necesidade de coidar directa, continuada e permanentemente dos seus fillos ou menores ao seu cargo, durante o tempo de hospitalización e tratamento continuado da enfermidade.
É requisito imprescindible que ambos os dous proxenitores estean afiliados e activos nalgún réxime da Seguridade Social, aínda que só un deles pode solicitar esta prestación..
Máis información... CUME
