Fraternidad-Muprespa imparte charlas formativas no Colexio Padres Franciscanos de Lugo

Semana de la prevención
Autor
Fraternidad-Muprespa

O martes 25 de abril e no marco dos actos organizados por Fraternidad-Muprespa Con motivo da Semana da Prevención impartironse dúas charlas para o alumnado da Colexio de Padres Franciscanos de Lugo.

A xornada comezou cunha breve presentación de José Luis Sánchez Jato, director provincial de

O alumnado dividiuse en dous grupos segundo a súa idade e o técnico superior de Prevención Eduardo Lodeiro, impartiu unha charla a un grupo de 60 alumnos de 11 anos sobre “A prevención de riscos escolares” facendo unha analoxía entre o mundo laboral e o educativo onde a Escola é o lugar de traballo e o alumno é o traballador. Así mesmo, explicáronlles os riscos que existen a diario nas súas actividades escolares e como evitalos.

A continuación e para un grupo de 30 alumnos, o doutor Luís Coira realizou unha magnífica exposición sobre primeiros auxilios adaptados a nenos e nenas de 15 anos, para que perdan o medo a axudar nos accidentes e teñan unhas nocións básicas de como actuar ante estas situacións de emerxencia.

Que che pareceu este contido?