Aprazouse a entrega dos premios Escolástico Zaldívar
Ante a situación motivada polo estado de alarma no que se encontra o país debido á pandemia de coronavirus, Fraternidad-Muprespa decidiu aprazar a entrega dos VIII Premios Escolástico Zaldívar 2020.
Na edición deste ano engadíranse novas categorías, sempre co fin de premiar e fomentar boas prácticas preventivas no ámbito laboral.
Todas as candidaturas seguen sendo válidas e o xurado retomará as valoracións tan pronto como as circunstancias o permitan.
Cando se decida a nova data de entrega dos premios, informaremos convenientemente tanto ás empresas candidatas como ao conxunto da sociedade.
Lamentamos as molestias que poida ocasionar esta decisión que Fraternidad-Muprespa, responsablemente, adoptou.