Resolución Delt@ do ministerio

Novedades
Autor
Departamento de Prestaciones Económicas

Como xa informamos, o 9 de xuño de 2021 produciuse un incidente de ciberseguridade no seo do Ministerio de Traballo e Economía Social que deixou inoperativa a páxina Delt@. O servizo restableceuse o 2 de xullo, aínda que con algunhas incidencias nos accesos. Non foi ata o 5 de xullo cando a páxina do Ministerio comezou a funcionar con normalidade.

Como consecuencia destas circunstancias, o 2 de xullo, a Subdirección Xeral de Estatística e Análise Sociolaboral (dependente da Consellería de Traballo e Economía Social)publicou unha resolución na que se estableceu a ampliación de prazos de tramitación no sistema Delt@ segundo o establecido pola Orde do 16 de decembro de 1987 correspondente aos seguintes modelos de notificación establecidos na Orde TAS/2926/2002, do 19 de novembro:

  • Partes do accidente de traballo.
  • Relación de accidentes de traballo ocorridos sen baixa médica.
  • Relacións de altas ou falecementos de vítimas de accidentes.

Xúntase a dita resolución e a posterior comunicación oficial do restablecemento de prazos.

Que che pareceu este contido?