MUTUA FM PRESENTA OS RESULTADOS DA ENQUISA REALIZADA CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente o 5 de xuño,Fraternidad-Muprespa, no seu portal web corporativo incluíu dúas enquisas coas seguintes temáticas e resultados:

ENERXÍA SOSTIBLE TAMÉN NAS EMPRESAS

Este ano 2012 é declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos, e a maioría das persoas que participaron na enquisa teñen claro o concepto de que é a enerxía sostible.

A "enerxía sostible" é a enerxía que se produce e utiliza de xeito que apoie o desenvolvemento humano a longo prazo nos ámbitos social, económico e ecolóxico.

REDUCIR O CONSUMO DE RECURSOS NATURAIS ENTRE TODOS

Grazas á vosa participación, sabemos que o 41% das empresas implantou unha política de redución do consumo de recursos naturais, redución do uso de papel ou uso responsable da auga e da luz.

Colaboremos entre todos para que os nosos hábitos responsables co medio ambiente no ámbito laboral sumen e aumenten esta porcentaxe.


Agradecémosche o tempo que dedicaches a completar as enquisas e invitámoste a participar en futuras ocasións.



VER ENQUISA QUE ENTENDES POR ENERXÍA SOSTIBLE?
VER ENQUISA SABES SE A TÚA EMPRESA TEN IMPLANTADA UNHA POLÍTICA DE REDUCCIÓN DO CONSUMO DE RECURSOS NATURAIS (PAPEL, AUGA, ELECTRICIDADE...)?
"A súa mutua - Calidade e servizo, os 365 días do ano"
Que che pareceu este contido?