MEDICUS MUNDI AGRADECE A MUTUA Fraternidad-Muprespa POLA SÚA COLABORACIÓN
A mutua Fraternidad-Muprespa tivo a satisfacción de recibir o agradecemento de Medicus Mundi, a través dun certificado, pola súa colaboración na felicitación das vacacións de Nadal de 2011 coas súas tarxetas solidarias.
Medicus Mundi é unha organización sen ánimo de lucro que ten como obxectivo estender o compromiso cidadán, a solidariedade coa sociedade e facer posible que a saúde sexa un dereito ao alcance de todas as persoas. Esta organización leva 50 anos traballando por esta causa polo que está recoñecido oficialmente como Organismo Consultivo da Organización Mundial da Saúde, recibindo o Premio Príncipe de Asturias da Concordia en 1991. En 1998 foi declarada institución de utilidade pública pola Administración española.
En Fraternidad-Muprespa estamos orgullosos de cooperar activamente con organizacións desta natureza, promovendo así os valores fundamentais que caracterizan a nosa entidade.
"A súa mutua - Calidade e servizo, os 365 días do ano"
