NATALIA FERNÁNDEZ Laviada, CONVIDADA AO ALMORZO DE TRABALLO DA AMPAGA
O pasado martes 26 de maio celebrouse un almorzo de traballo nas Instalacións do Club Financeiro de Vigo promovido por AMPAGA, que contou coa presenza de Dona Natalia Fernández Laviada, Subdirectora Xeral de Organización e Rede de Fraternidad-Muprespa que foi convidada de honra pola súa carreira e proxección empresarial.
Dona Natalia Fernández Laviada, fixo unha agradable exposición sobre a súa traxectoria profesional e a importancia do papel da muller no tecido empresarial actual. Ao remate levouse a cabo un enriquecedor coloquio, no que se trataron os aspectos máis interesantes da presentación.
AMPAGA (Asociación de Profesionais e Autónomos de Galicia), nace da iniciativa dun colectivo activo de mulleres que buscan un traballo común dirixido aos intereses das traballadoras autónomas, o fomento do asociacionismo e a mellora da calidade da información e asesoramento integral.
"A súa mutua - Calidade e servizo, os 365 días do ano"
