Fraternidad-Muprespa da Coruña entrega comida e roupa á institución benéfica Padre Rubinos
Fraternidad-Muprespa na Coruña organizou unha Campaña solidaria de Nadal recollida de alimentos non perecedoiros e roupa. O pasado 10 de xaneiro rematou esta campaña coa entrega dos recursos entregados conxuntamente.
A entrega foi feita Alejandro Lamelo Garrido director provincial e Javier Eibe Suárez, adscrito á xerencia provincial nas instalacións da Institución Benéfica Social Padre Rubinos. Foron recibidos polo presidente da Institución Eduardo Aceña García e por membros da Xunta Directiva. Agradeceron a todos os empregados de Fraternidad-Muprespa da Coruña a súa colaboración nesta campaña solidaria.
A Institución Benéfica Social Padre Rubinos é unha asociación sen ánimo de lucro que nace como Patronato da Caridade o 19 de abril de 1918, sen embargo ten os seus antecedentes nunha Institución creada polo alcalde Manuel Casas Fernández en 1913.
Desde Fraternidad-Muprespa, promovemos todo tipo de proxectos de desenvolvemento dirixidos á sociedade e, en concreto, ás persoas máis desfavorecidas.
