DICIONARIO PRÁCTICO PARA ENTENDER AS MUTUAS

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa
En Fraternidad Muprespa somos conscientes de que moitos dos trámites, entre a Mutua e os seus Mutualistas, ou palabras que se utilizan nestes trámites, non son sinxelos de entender nin, dada a cantidade, doados de coñecer e lembrar. No noso afán de busca da claridade, e co fin último de facilitarmos a comprensión e accesibilidade á información, habilitamos un Glosario (ou dicionario) de termos na nosa Web. Este Glosario recolle, define e relaciona aquelas palabras e conceptos do sector das Mutuas de Accidente de Traballo que son habitualmente utilizados e non sempre coñecidos.

Para facer uso da aplicación, pode acceder directamente ao Glosario de termos, onde se facilita a busca dos termos ou conceptos desexados a través da súa ordenación alfabética:
Glosario de termos

Ou ben, pode acceder ao Buscador de termos, onde se habilita a busca dos termos a través da busca por palabras clave:
Buscador de termos

(*) Ademais encontrará ao longo dos contidos da Web, termos subliñados por unha fina liña descontinua de cor verde. Ao situar o cursor sobre o termo mostrarase, a través dun bocadillo, o inicio da definición, podendo saltar á definición completa ou ao resto do glosario.

Exemplo de termo incluído no glosario de palabras e apertura do globo que mostra a definición

Calquera das vías anteriormente descritas para acceder á definición dun termo ofreceralle a posibilidade de acceder facilmente aos termos relacionados con este, podendo formarse unha idea clara e rápida do tema tratado.


(*) Para que esta funcionalidade sexa accesible, é importante ter en conta que resulta imprescindible ter o Javascript activo no navegador.
Para máis información prema aquí.
¿Que te ha parecido el contenido?