
INAUGURACIÓN DO NOVO CENTRO DE ATENCIÓN DA MUTUA EN <strong>MÓSTOLES</strong>
O pasado xoves 8 de abril de 2010 a mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais Fraternidad Muprespa levou a cabo o acto de inauguración dun novo centro asistencial e de xestión das continxencias de IT na cidade de Móstoles. O alcalde da cidade, Esteban Parro, xunto co director xeral da Mutua, Fernando Eguidazu, foron os encargados de inaugurar o novo edificio, que xa comezou a prestar os seus servizos.
Cunha superficie de 1.700 m2 e un investimento de 3,5 millóns de euros, o Centro dispón dos servizos asistenciais para a atención de urxencias do accidente de traballo, a xestión e control das continxencias comúns; así como os servizos de rehabilitación cun ximnasio de máis de 200 m2 e dúas salas de formación para a realización de cursos aos traballadores das empresas asociadas.
O centro de Móstoles é un edificio de tres plantas construído nun dos polígonos de expansión desta cidade. As novas instalacións prestarán os servizos aos traballadores e ás empresas situadas nesta área industrial. A inauguración deste centro de Fraternidad Muprespa é, en palabras de Esteban Parro, "unha gran noticia para a cidade de Móstoles polo seu significado práctico no terreo sanitario-laboral e pola simboloxía que ten a posta en marcha dunha nova empresa no municipio".
Motivo: | INAUGURACIÓN DA NOVA SEDE E CENTRO ASISTENCIAL EN MÓSTOLES |
Organizador: | DIRECCIÓN PROVINCIAL DE MADRID |
Data: | Xoves, 8 de abril de 2010 |
Lugar: | Avda. da Regueira, n.° 5, Polígono Industrial "La Fuensanta" |
Imaxe do evento: |
Acceder Ir á ficha do centro
Acceder Catálogo de servizos da Mutua