
A MUTUA FRATERNIDADE-MUPRESPA, CENTRO DE DOAZÓN POR UN DÍA
O pasado mes de decembro, Fraternidade-Muprespa realizou a súa segunda Campaña de Doazón de Sangue.
O centro de San Agustín situado en Madrid, foi o escollido para actuar como Centro de Transfusión. Alí citouse os traballadores da entidade que voluntariamente e de modo altruísta colaboran con este proxecto. Unha xornada moi positiva para os doadores e os profesionais sanitarios.
A doazón de sangue é un acto responsable, comprometido, altruísta e de gran valor. O sangue humano é unha substancia que actualmente non pode fabricarse, motivo polo cal é necesario ter depósitos, paliando os posibles problemas sanitarios de persoas que requiren transfusións.
Un acto anónimo que garante a ausencia de discriminación de calquera tipo, incluíndo xénero, raza, nacionalidade ou relixión.
"O sangue é un recurso público e non se deberá restrinxir o seu acceso".
Código Ético para a Doazón e Transfusión de Sangue

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"