Atópase dispoñible para a súa descarga dende a Web de Fraternidad Muprespa unha nova versión do aplicativo PAT2003, utilizado para traballar cos correos do servizo ePAT e a xeración de remesas para os sistemas Delt@ e AOC.
Fraternidad Muprespa pon á súa disposición de xeito totalmente gratuíto o aplicativo PAT2003 completo para a súa descarga.
As melloras incluídas no programa PAT2003 son as seguintes:
Actualizouse a listaxe de mutuas que manexa a aplicación PAT2003 para identificar a mutua á que pertence o PAT ou RSB.
A aplicación adáptase á última mellora do servizo ePAT, na que se inclúen os datos do lugar do accidente que o traballador cubriu no Cuestionario de Solicitude de Asistencia (CSA).