
NOVA VERSIÓN PAT2003 - SETEMBRO 2007
Atópase dispoñible para a súa descarga dende a Web de Fraternidad Muprespa unha nova versión do aplicativo PAT2003, utilizado para traballar cos correos do servizo ePAT e a xeración de remesas para os sistemas Delt@ e AOC.
Fraternidad Muprespa pon á súa disposición de xeito totalmente gratuíto o aplicativo PAT2003 completo para a súa descarga. Para máis información sobre o aplicativo PAT2003 e o servizo ePAT prema aquí.
As melloras incluídas nesta nova versión son as seguintes:
Por mor das recentes fusións ocorridas entre entidades xestoras, actualizouse a listaxe de mutuas que manexa a aplicación PAT2003 para identificar a mutua á que pertence o PAT ou RSB. Con esta actualización, xa é posible xestionar PATs e RSBs de novas entidades, como as mutuas Midat Cyclops (código 001M) e Mutualia (código 002M).
Resolveuse a incidencia que provocaba erros na aplicación ao cubrir o código de ocupación do traballador/a.