O colexio Aljarefe de Mairena (Sevilla) celebra con Fraternidad-Muprespa o 28 de abril

Semana de la prevención
Autor
Fraternidad-Muprespa

Con motivo da celebración do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, realizouse un acto de recoñecemento aos traballos presentados polos alumnos do colexio ao concurso de debuxo, coa prevención laboral como tema central.

No acto estivo representado o Concello de Mairena del Aljarafe por María Blanca De Pablos Candón, tenente alcalde delegada de Cultura, Educación e Universidade, e Julián Guerra López, tenente alcalde delegado de Deportes e Xuventude. Ambos os dous interesáronse polos traballos realizados polos alumnos.

Como clausura do acto, Lola Jariego Oyola, directora provincial de Fraternidad-Muprespa de Sevilla, agradeceu á dirección do colexio Aljarafe o interese e a colaboración para o desenvolvemento da actividade.

¿Te ha resultado útil?