
Taller de primeiros auxilios impartido en Barcelona por Fraternidad-Muprespa
O día 26 de abril realizouse un Taller de Primeiros Auxilios na Dirección Provincial de Fraternidad-Muprespa en Barcelona, dentro das actividades programadas na II Semana da Prevención. O taller foi impartido por Óscar Luquin, técnico de Prevención da Mutua e Lidia García, DUE de Fraternidad-Muprespa Barcelona.
A finalidade deste taller foi proporcionar a todo o colectivo de traballadoras e traballadores os coñecementos máis elementais para dispensar unha axuda eficaz a aquelas persoas que sufriron calquera tipo de accidente e formalos nas técnicas básicas de aplicación dos primeiros auxilios, e que tanto poderán aplicar nos seus postos de traballo como na súa vida cotiá.
Tratouse dun taller teórico-práctico onde aprenderon a realizar unha masaxe cardíaca, deter unha hemorraxia, como actuar ante unha queimadura, etc.
O taller tivo unha boa acollida entre os asistentes e mostraron a súa satisfacción cos coñecementos conseguidos.