Taller de primeiros auxilios impartido por Fraternidad-Muprespa no Barco de Valdeorras

Semana de la prevención
Autor
Fraternidad-Muprespa

O Concello da Rúa, en colaboración con Fraternidad-Muprespa, organizou para os seus traballadores un curso avanzado de primeiros auxilios. Este tivo lugar nas instalacións do Centro Cultural Avenida.

A presentación do taller correu a cargo de José Manuel Sampayo, director provincial de Fraternidad-Muprespa, quen agradeceu a todos os presentes a súa asistencia e, a continuación, cedeu a palabra a Leandro de Justo e Romina Pérez, director e DUE respectivamente de Fraternidad-Muprespa no Barco.

A xornada constou dunha parte teórica e outra práctica, na que se realizaron exercicios de respiración, boca a boca e de masaxe cardíaca.

Os asistentes destacaron a utilidade do curso e obtiveron un diploma certificado da súa asistencia.

¿Te ha resultado útil?