Un ano máis, Fraternidad-Muprespa, merecedora do distintivo como empresa comprometida coa Igualdade

Actos
Autor
Fraternidad-Muprespa
Población
Xixón

O 9 de agosto, Natalia Fernández Laviada, subdirectora xeral de Prevención, Calidade e Comunicación de Fraternidad-Muprespa, recibiu de mans da alcaldesa de Xixón, Carmen Moriyón, por cuarto ano consecutivo, o distintivo como empresa comprometida coa igualdade, que premia a participación activa na política de promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

O Directorio de Empresas 2018 xa conta cun total de 70 empresas. Este ano incorporáronse 5 novas empresas que xa están a aplicar políticas de igualdade. Fraternidad-Muprespa forma parte das 65 restantes que renovaron o seu compromiso.

O alcance estimado deste proxecto e, polo tanto, os plans e medidas de Igualdade das 70 empresas e entidades desta VIII edición benefician unhas 9.298 persoas traballadoras que desempeñan a súa actividade laboral en centros de traballo de Xixón.

Durante o acto, tanto a alcaldesa coma os distintos axentes sociais que forman parte do programa Unidade de Xénero, CCOO, UXT e FADE destacaron os beneficios de desenvolver políticas de igualdade.

Ademais, Fraternidad-Muprespa foi destacada no ano 2018 como empresa excelente polas súas políticas de igualdade, ao ter sido premiada coa Marca Asturiana de Excelencia en Igualdade do Principado de Asturias.

 

¿Te ha resultado útil?
Vote up!

Puntos: 1

You voted ‘up’