Asistencia Sanitaria

atención-sanitaria

Continxencia Profesional

En Fraternidad-Muprespa somos conscientes das consecuencias que leva consigo un accidente de traballo, tanto para o traballador coma para a súa empresa. Por iso, a nosa misión é restablecer a saúde dos traballadores protexidos do mellor xeito posible.

Ofrecemos:

  • Axilidade asistencial (Urxencias 24 horas).
  • Rapidez no diagnóstico e probas complementarias.
  • Fluída comunicación coa empresa para a correcta valoración do accidente sufrido.
  • Historia clínica dixitalizada.
  • Asistencia sanitaria integral, tanto ambulatoria coma hospitalaria e rehabilitadora.
  • Supervisión do tratamento e control da duración da lesión por sanitarios altamente cualificados.

Todos os gastos derivados deste accidente son aboados por Fraternidad-Muprespa (cirúrxicos, farmacia e desprazamentos), tras a autorización da Mutua.

A calidade asistencial é o noso obxectivo prioritario: aplicamos os protocolos necesarios, estudamos os casos e facemos un seguimento exhaustivo para a mellor recuperación dos pacientes.
A nosa infraestrutura sanitaria garante unha completa asistencia a calquera accidentado. Para iso, contamos con medios propios que nos permiten cubrir dende a primeira cura de urxencias, as probas diagnósticas, a intervención cirúrxica, se fose necesaria, e a rehabilitación.

Apoiámonos nos mellores especialistas e profesionais en cada campo. Temos un equipo sanitario altamente cualificado e moi experto no tratamento de lesións e accidentes de traballo.
Dispoñemos dun avanzado sistema informático que nos permite compartir as probas diagnósticas entre os nosos especialistas para alcanzar a mellor solución para cada paciente —independentemente da súa situación xeográfica— e reducir os tempos de espera, grazas á dispoñibilidade en calquera centro e momento do historial clínico dixital.

Os pacientes de Fraternidad-Muprespa teñen a Historia Clínica Electrónica (HCE), que evita a repetición de estudos radiolóxicos non necesarios, e diminúe as exposicións a radiacións ionizantes; ademais, permite ao paciente dispoñer ao instante da súa información clínica a través do Portal do Paciente e a app Mi Frater Paciente.

Continxencia común

Para as empresas asociadas que exercitaron a opción da prestación económica de incapacidade temporal por continxencias comúns coa Mutua, xestionamos a prestación económica desta continxencia e o seguimento das baixas dos traballadores, para colaborar na recuperación dos pacientes.

Asistencia Rehabilitadora

Medical

 

A través de la rehabilitación, pretendemos que la curación sea la mejor y más rápida posible, a través de una estrecha relación entre el médico especialista,  el fisioterapeuta y el paciente, que es para nosotros el centro del tratamiento.

Con el desarrollo e implantación de herramientas de apoyo para la actividad del fisioterapeuta, y el establecimiento de un sistema de mejora continua conseguimos:

  •     Valorar al paciente con la mayor objetividad.
  •     Trabajar de manera personalizada para cada paciente.
  •     Activar el papel del paciente en su recuperación.
  •     Realizar rehabilitación con garantías también fuera del gimnasio.
  •     Prescribir tratamientos en línea y poder asegurar su efectividad, dando paso a la máxima innovación con las más avanzadas herramientas telemáticas.
  •     Mejorar la comunicación de fisioterapeutas, médicos y pacientes.
¿Te ha resultado útil?
Vote up!

Puntos: 7

You voted ‘up’