LEED (certificación)

Leadership in Energy & Environmental Design ou Líder en Eficiencia Enerxética e Deseño sostible.

É un sistema de certificación de edificios sostibles, desenvolvido polo Consello da Construción Verde de Estados Unidos (US Green Building Council). Recoñece a excelencia no deseño, construción, operación e mantemento de edificios e instalacións dende un punto de vista ambiental.   É verificado mediante auditorías independentes.