Número de Identificación Fiscal

O NIF das persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica estará composto por nove caracteres, coa seguinte composición:

  • Unha letra, que informará sobre a forma xurídica, se se trata dunha entidade española ou, se é o caso, o carácter de entidade estranxeira ou de establecemento permanente dunha entidade non-residente en España
  • Un número aleatorio de sete díxitos
  • Un carácter de control

Para as entidades españolas, o número de identificación fiscal comezará cunha letra, que incluirá información sobre a súa forma xurídica de acordo coas seguintes claves:

A. Sociedades anónimas

B. Sociedades de responsabilidade imitada

C. Sociedades colectivas

D. Sociedades comanditarias

E. Comunidades de bens, herdanzas xacentes e demais entidades carentes de personalidade xurídica non incluídas expresamente noutras claves

F. Sociedades cooperativas

G. Asociacións

H. Comunidades de propietarios en réxime de propiedade horizontal

J. Sociedades civís

P. Corporacións Locais

Q. Organismos públicos

R. Congregacións e institucións relixiosas

S. Órganos da Administración do Estado e das comunidades autónomas

U. Unións temporais de empresas

V. Outros tipos non definidos no resto de claves

Clave de entidades estranxeiras

N. Entidades estranxeiras

Clave de establecemento permanente de entidade non-residente

W. Establecementos permanentes de entidades non-residentes en territorio español.