Son todos aqueles problemas de saúde relacionados causalmente coas condicións de traballo, independentemente do tempo que tarden en manifestarse e de que estean ou non incluídos na categoría de enfermidades profesionais. As lesións ou problemas de saúde derivados do traballo inclúen accidentes de traballo, enfermidades profesionais e enfermidades relacionadas co traballo.