Estado de carácter permanente no que se atopan as persoas que, por razóns derivadas da idade, enfermidade ou discapacidade, e vinculadas á falta ou á perda de autonomía física, psíquica, intelectual ou sensorial, precisen da atención doutras persoas ou dunha axuda importante para o desenvolvemento das actividades básicas da vida diaria ou, no caso de persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, doutros apoios para a súa autonomía persoal.
Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia