Esta situación poderá estar constituída por deficiencias de carácter físico ou psíquico previsiblemente permanentes, conxénitas ou non, que anulen ou modifiquen a capacidade física, psíquica ou sensorial de quen as padeza, e que poden dar dereito a unha pensión cuxa contía se fixa na correspondente lei de orzamentos xerais do Estado para cada exercicio.