Documento de proposición de asociación

Documento que recolle o compromiso entre a empresa e a Mutua de formalizar a relación de asociación. 
Formalízase no caso de que unha empresa asegurada nunha mutua decide cambiar a cobertura dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais a outra entidade.

Non fará falta formalizar este documento:

  •  Cando se trate de empresas de nova inscrición na Seguridade Social.
  •  Cando o documento de asociación poida subscribirse de xeito inmediato.