Éxito na I Marcha pola Prevención de Fraternidad-Muprespa Ferrol

Semana de la prevención
Autor
Fraternidad-Muprespa

Na mañá do domingo 23 de abril de 2017 tivo lugar a I Marcha pola Prevención de Fraternidad-Muprespa  Ferrol. Celebrouse o Parque Natural das Fragas do Eume, un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa que segue o curso do río Eume.

A Ruta Circular de Sendeirismo, de aproximadamente 7 km de lonxitude, discorre dende a Central de Ventureira, en Capela, chegando ao Mosteiro de Caaveiro e subindo de novo á central pola beira do río Eume.

No acto asistiron traballadores de diversas empresas asociadas á Mutua así como colaboradores, familiares e amigos, aos que dende a Delegación da Mutua Colaboradora coa Seguridade Social Fraternidad-Muprespa de Ferrol queremos agradecerlles a súa participación.

Esta actividade está integrada entre os diferentes actos que a Mutua realizará no Semana da Prevención, con motivo da conmemoración de Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo.

Baixo o lema "O obxectivo é a túa saúde", esperamos mobilizar ao maior número de participantes que compartan a nosa convicción de que todas as lesións e enfermidades derivadas do traballo son evitables.

Que che pareceu este contido?