Lugo: "O absentismo, como melloralo?"

Reunións de traballo
Autor
Fraternidad-Muprespa

O pasado 15 de marzo celebrouse no centro da Mutua de Lugo unha nova reunión informativa baixo o título "O absentismo, como melloralo?" Congregou a un variado número de representantes de mutualidades da zona e de distintos sectores, xa que a temática escollida é de interese común para todas elas.

José Luis Sánchez, director provincial da Mutua en Lugo, foi o encargado de facer a presentación. Nel destacou as actividades que a Mutualidade está a realizar, co fin de mellorar o absentismo, todas elas enfocadas a axudar e cooperar coas nosas mutualistas para deseñar e poñer en marcha Plans de Xestión do Absentismo.

Tras a intervención, en formato de mesa redonda, abriuse unha quenda de debate interesante e participativo, na que todos os asistentes achegaron a súa opinión ou experiencia sobre o tema tratado.

José Luis Sánchez, antes de rematar a xornada, agradeceu a todos os asistentes o seu interese e participación.

Que che pareceu este contido?