
Mi Frater Paciente, a APP de Fraternidad-Muprespa
General
Mi Frater Paciente é unha aplicación para dispositivos móbiles de uso exclusivo para traballadores protexidos por Fraternidad-Muprespa. Dende ela pódense facer consultas de xeito doado e sinxelo, tanto de aspectos sanitarios como administrativos.
Tamén permite realizar diversos trámites e xestións, como enviar partes de baixa, documentación para a solicitude de prestacións, informes médicos, visualizar e descargar as imaxes médicas ou os informes de probas diagnósticas, entre outros.
Ademais, grazas a Mi Frater Paciente, os traballadores poden:
- Localizar o centro de Fraternidad-Muprespa máis próximo á súa localización.
- Recordar as próximas citas médicas.
- Coñecer en detalle toda a información da prestación económica de incapacidade temporal, prestación por risco durante o embarazo e a lactación, cesamento de actividade de traballadores autónomos ou coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave.
- Descargar o certificado de retencións e ingresos á conta do IRPF polas prestacións económicas percibidas.
- Consultar os procesos asistenciais en Fraternidad-Muprespa.
- Acceder a material audiovisual con recomendacións e exercicios personalizados.
- Enviar a Fraternidad-Muprespa documentación relacionada co proceso médico do paciente (partes médicos, informes, xustificantes etc.).
Pode descargar a aplicación nas seguintes ligazóns:


