Ti podes facer a túa declaración da renda máis solidaria

Acordos de colaboración
Autor
Fraternidad-Muprespa

Entre o 1 de abril e o 30 de xuño, está en vigor o prazo para presentar a declaración da renda, un trámite que segue vixente a pesar da declaración do estado de alarma e que afecta a moitos trámites administrativos. 

Fraternidad-Muprespa subscribiu en 2019 un acordo de colaboración coa Plataforma de ONG de Acción Social. Trátase dunha organización de ámbito estatal que agrupa 33 entidades non gobernamentais que traballan a favor de colectivos vulnerables e en prol da loita contra a exclusión social. Promoven dende 2002 esta campaña denominada “X Solidario”, que destina o diñeiro recadado á axuda de miles de persoas en situación de vulnerabilidade.

Como saben os contribuíntes, unha parte dos impostos pódense destinar a actividades de Interese Social, á Igrexa ou a ambos os dous fins, de marcaren ambas as dúas casas. Elixir unha, outra ou ambas as dúas non implica pagar máis ou que a devolución sexa menor. 

“Hai quen pensa que se se marcan as dúas casas se reparte o 0,7% do imposto da renda entre ambas as dúas, pero non é así: de marcar ambas as dúas casas, destínase un 0,7% a cada unha das causas, polo que se duplica o importe destinado a causas sociais. É importante que as persoas que marcan exclusivamente a casa da Igrexa saiban que, se ademais marcasen a casa de Actividades de Interese Social, estarían a favorecer o desenvolvemento de proxectos sociais de ONG vinculadas á Igrexa Católica que tamén xestionan proxectos no marco da  convocatoria de subvencións, e viceversa”, afirma Asunción Montero, presidenta da plataforma.  

Pola súa banda Natalia Fdez. Laviada, subdirectora xeral de Prevención, Calidade e Comunicación da Mutua, destacou que o importe recadado se destina a programas dirixidos a persoas maiores, con discapacidade, á xuventude, mulleres, familias... e, en xeral, a loitar contra a pobreza e a exclusión social. Isto é o que move a Fraternidad-Muprespa a adherirse a esta iniciativa, que non resta e si suma para os máis desfavorecidos.”

¿Te ha resultado útil?
Vote up!

Puntos: 1

You voted ‘up’