Exposición virtual de fotografía “1 millón de razóns para marcar o X solidario”

General
Autor
Fraternidad-Muprespa

A  Plataforma de ONG de Acción Social inaugurou onte  a  exposición fotográfica “1 millón de razóns para marcar o X solidario”, con instantáneas de Olmo Calvo. A mostra reúne seis proxectos de diferentes ONG financiados grazas ao “X Solidario”, a parte dos impostos que  poden destinarse a actividades de interese social, á Igrexa ou ambos os dous fins, de marcar ambas as dúas casas. 

A través das imaxes, vese que a forma de marcar esta casa na declaración da renda dá resposta a realidades completamente distintas, pero co mesmo fin: axudar ás persoas en situación de vulnerabilidade, algo que, nun contexto como o que a sociedade vive debido á crise sanitaria, social e económica que está xerando a COVID-19, é máis importante ca nunca.

A Exposición Fotográfica que se pode visitar premendo aquí componse do Programa estratéxico de promoción da autonomía persoal das persoas con discapacidade física e orgánica (COCEMFE); punto de información e asesoramento integral para a muller vítima de violencia de xénero ou en risco de exclusión social (Movimiento por la Paz - MPDL); proxecto de investigación social para promover o coñecemento sobre a calidade de vida das persoas con autismo e os factores que inciden nela (Confederación Autismo España); programa "Bo trato ás persoas maiores: promoción do trato adecuado e protección fronte ao maltrato" (Cruz Vermella Española); programa servizo para o acceso á información e á comunicación das persoas xordas (FIAPAS) e programa "Atención a nenas, nenos e á xuventude con cardiopatías conxénitas hospitalizados e ás súas familias" (Fundación Menudos Corazones)

Fraternidad-Muprespa subscribiu en 2019 un acordo de colaboración coa Plataforma de ONG de Acción Social, unha organización de ámbito estatal que agrupa 33 entidades non gobernamentais que traballan a favor de colectivos vulnerables e en prol da loita contra a exclusión social. 

Ata o próximo 30 de xuño está en vigor o prazo para presentar a declaración da renda.

¿Te ha resultado útil?